Yad Vashem (en hebreo: יָד וַשֵׁם) é un museo adicado a manter viva a memoria dos seis millóns de xudeus mortos no Holocausto durante a Shoah perpetrada polos nazis durante a segunda guerra mundial. Trátase do memorial oficial israelí, e foi establecido en 1953 pola Lei do Memorial. Foi deseñado polo arquitecto israelí Moshe Safdie, e está localizado en Har Hazikarón, nunha touticeira ao oeste de Xerusalén.

Yad Vashem
Edificio do Museo do Holocausto
Na rede
https://www.yadvashem.org/ e https://www.yadvashem.org/he.html
IMDB: co0118292 Facebook: yadvashem Twitter: yadvashem Instagram: yadvashem Youtube: UCMIWdcUSEHSIGgTEgT5fU4g Pinterest: yadvashem Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Escultura de Yad Vashem

Contido

editar

O memorial consiste en diversos edificios: unha cámara da memoria, un museo histórico, unha galería de arte, os arquivos, o Val das Comunidades destruídas, a sala dos nomes, o memorial dos nenos e un centro educativo. Alberga obxectos auténticos, testemuñas do exterminio nazi e da vida xudía antes e despois do Holocausto. É considerado o centro de información máis importante do mundo sobre o Holocausto, cun arquivo que conta con documentais, películas, máis de 200.000 fotografías e 62 millóns de documentos, libros e artigos sobre o maior xenocidio da Historia.

Recoñecemento

editar

O museo foi remodelada o 15 de marzo de 2005, coincidindo co 60 aniversario do fin da segunda guerra mundial (1939-1945), e o 12 de setembro de 2007 recibiu o premio Príncipe de Asturias da Concordia 2007.[1] O xurado gabou ao museo Yad Vashem de Xerusalén polo seu incansable traballo na loita contra o odio, o racismo e a intolerancia.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 1