Zaragoza

capital de Aragón

Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.

Modelo:Xeografía políticaZaragoza
Imaxe

Localización
Mapa
 41°39′00″N 0°53′00″O / 41.65, -0.8833333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
CapitalZaragoza Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación682.513 (2023) Editar o valor en Wikidata (700,89 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie973.780.000 m² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ebro, Río Huerva, Río Gállego e Imperial Canal of Aragon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude211 m-200 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Evento clave
Santo padrónValerius II of Saragossa (en) Traducir e Nosa Señora do Pilar Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJorge Azcón (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoConcello de Zaragoza , (Escano: 31) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50001–50022 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico976 Editar o valor en Wikidata
Código INE50297 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webzaragoza.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX450694

Cunha poboación de 679.624 habitantes (INE 2012), é a quinta cidade española máis poboada, concentrando máis do 50% da poboación de Aragón.

O seu nome actual procede do seu antigo topónimo romano, Caesaraugusta, que recibiu na honra ao emperador César Augusto no 14 a. C. A súa denominación romana foi evolucionando a través do árabe Saraqusta.

Entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008, ano do bicentenario dos Sitios de Zaragoza e centenario da exposición Hispano-Francesa de 1908, Zaragoza acolleu a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 dedicada á auga e o desenvolvemento sustentable. En 2010, Zaragoza foi a sexta cidade española con máis turismo.

Xeografía

editar

Historia

editar

Historicamente, o lugar era unha vila ibera chamada Salduie ou Salduba. En época ibérica foron os sedetanos os que ocupaban o territorio. Os sedetanos, ao contrario que os seus poderosos veciños, os ilergetes, apoiaron os romanos na segunda guerra púnica. A primeira mención deste pobo é de Tito Livio, que describe como os romanos, en resposta a un ataque dos ilergetes aos sedetanos, derrotaron os primeiros e mataron os seus xefes. No 195 adC, un dos dous cónsules romanos, Marco Porcio Catón , tivo que ir ao val do Ebro pacificar as tribos iberas que se levantaran contra o imperialismo romano. Gañou as batallas, mais non cumpriu o seu obxectivo: non só non pacificou as tribos iberas, senón que estendeu o problema a territorio celtibero. Catón tamén lle deu nome ao forte vento que sopra no val: cercius, o cierzo. Houbo que agardar a Tiberio Sempronio Graco para que a situación se calmase. Este venceu os celtiberos e deixou guarnicións nas cidades do val, entre as que indubidabelmente estaría tamén Salduie. A calma non durou moito: xa no -141 o sedetano Tongino tivo que se botar ao monte e se converter nun dos primeiros bandidos da Península Ibérica. Contra o ano -15, fundábase a cidade romana de Zaragoza, Caesaraugusta. Coincidía coa reorganización das provincias de Hispania por César Augusto tras a súa vitoria nas guerras cántabras. Colonia Caesaraugusta era o nome que recibía a nova cidade, que gozaba do privilexio de ostentar o nome completo do seu fundador. Na fundación da cidade, participaron soldados veteranos das lexións IV Macedonica, VI Victrix e X Gemina, licenciados tras a dura campaña contra os cántabros, coa dupla intención de garantir a defensa do territorio e asemade fixar nel a presenza de Roma. Zaragoza contaba co título de Colonia Inmune, o que facía que gozase de determinados privilexios como o dereito a cuñar moeda ou a exención do pagamento de impostos. No proceso de reorganización de territorios hispanos, créanse tres provincias, Tarraconensis, Bética e Lusitania, divididas en conventos xurídicos (distritos menores con funcións xudiciais e administrativas); deles, o rexido por Caesarugusta, o Convento Xurídico Caesaraugustano, era o máis extenso dos sete nos que se dividía a provincia Tarraconense. Caesaraugusta asumiu desde un primeiro momento o papel de cabeceira rexional, substituíndo a colonia Victrix Ivlia Celsa (actual Velilla de Ebro).

O período de auxe da cidade romana (séculos I e II) trouxo moitas das grandes obras públicas que aínda hoxe podemos ver: o foro, o porto fluvial (que converteu a Caesarugusta no principal redistribuidor de mercadorías no val do Ebro), as termas públicas, o teatro, o anfiteatro, a primeira ponte da cidade (situada na localización da actual ponte de Pedra e probabelmente unha obra mixta de pedra e madeira). A auga tamén representou un importante papel na Zaragoza romana, tanto pola súa situación na ribeira do río Ebro e xunto á desembocadura do Huerva e o Gállego como polos seus complexos sistemas de abastecemento e regadío. Xunto ás xa mencionadas termas, documentáronse multitude de alxibes, fontes e diversos treitos de canos de chumbo e esgotos.

No século III, a construción dunha impoñente muralla e o abandono das grandes obras públicas denotan o importante proceso de crise no mundo romano (segunda metade do século III). O comercio e a vida en Caesaraugusta non decaen e axudan ao florecemento cultural da mesma. Contr ano 380 tivo lugar o primeiro sínodo de Zaragoza, no que os bispos hispanos e de Aquitania adoptaron oito cánones relacionados máis ou menos directamente co priscilianismo, a herexía dominante naquela altura. Un segundo sínodo, no ano 592, solucionou problemas prácticos da recente conversión dos visigodos desde o arianismo. O terceiro sínodo, no 691, resultou en cinco cánones de disciplina.

Ao longo do século V, Caesaraugusta, ao igual que todo Occidente romano, vese inmersa no proceso de desintegración do poder imperial. Desde o 714, a cidade pertence ao Califato de Córdoba e foi un posto avanzado na loita contra os reinos cristiáns do norte. A guerra civil en Córdoba, a principios do século XI, non deixou de afectar á rexión e, como no resto da España musulmá, a fin da dinastía Omeia levou para a constitución dun estado independente ou taifa cuxa capital era Zaragoza. Este reino foi un dos máis brillantes da Al-Andalus durante case un século. Os tuibís, clientes dos omeias, continuaron sendo os donos da rexión até 1038, ano en que os Banu Hud chegaron ao poder.

A cidade foi conquistada aos musulmáns no 1118 e convertida na capital do Reino de Aragón polo rei Afonso I o Conquistador.

No ano 1591 prodúcense as alteracións de Zaragoza. A causa das revoltas foi un dos secretarios do reino, gobernado por Filipe II, chamado Antón Pérez. Tras liortas palacianas, Filipe II ordena a detención de Pérez por un asasinato. Antón Pérez, que viviu en Nápoles, por aquel entón pertencente á Coroa Aragonesa, era coñecedor dun dereito particular dos Foros Aragoneses: o dereito de Manifestación. Este dereito era, pois, xurisdición única da xustiza de Aragón. A chegada a Zaragoza de Pérez e a súa chamada ao dereito de manifestación provocou un tumulto na Praza do Palacio de Xustiza, e naquel tumulto faleceu o Xustiza Juan de Lanuza IV (O Vello). Sucedeulle o seu fillo Juan de Lanuza V (O novo) que continuou co proceso de Perez. Desde a capital, Filipe II observaba impotente a situación, polo que tivo que recorrer á Inquisición para controlar o proceso. Así que a Inquisición prendeu a Perez e no palacio da Aljafería. O pobo, ante o arresto, reaccionou violentamente asaltando a Aljafería, tomando a Perez, e póndoo ao dispor do Xustiza de Aragón. O pobo viu na acción do rei unha vulneración dos seus foros e costumes que o Rei xurara cumprir ao subir ao trono. Ante a sublevación xeral de Zaragoza, Filipe II decide empregar a forza e manda un exército para ocupar a cidade. O pobo mal organizado intentoulle facer fronte, pero foi inútil. O exército de Filipe II entrou na capital no final de 1591, prendendo o Xustiza e os xefes da revolta. O desenlace foi a pena de morte para o Xustiza o 20 de decembro de 1591. Aquel día lémbrase como "o máis triste para Aragón". Nas Cortes do ano posterior en Tarazona, Aragón perdeu parte dos seus privilexios.

Durante a invasión napoleónica, a cidade de Zaragoza sufriu dous asedios coñecidos como os Sitios de Zaragoza. A cidade era inicialmente fiel ao rei (e, polo tanto, ao exército francés debido aos pactos entre España e Francia), pero ao coñecer a abdicación de Fernando VII, sublevouse, capturando o castelo da Aljafería, apoderándose das armas que nela había e nomeando o xeneral Palafox comandante. Cando o exército francés tentou ocupar de novo Zaragoza, esta opuxo unha teimosa resistencia, ficando practicamente destruída (de 55.000 habitantes pasou a 12.000).

Demografía

editar
Evolución demográfica de Zaragoza desde 1842
Fonte: INE

Economía

editar

Ademais da vantaxosa situación xeográfica, destaca en Figueruelas (unha localidade próxima) unha factoría de Opel (General Motors). O progresivo declive da economía agraria converteu a OPEL nun dos principais alicerces da economía da rexión. Á fábrica de automóbeis únense como base da economía aragonesa a empresa Balay, centrada na fabricación de electrodomésticos; CAF (Construciones y Auxiliar de Ferrocarriles S.A.) da que saen unidades ferroviarias tanto para o mercado nacional como para o internacional; SAICA e Torraspapel no sector papeleiro e diversas empresas de carácter rexional-nacional como Pikolin ou Lacasa que aos poucos se vai abrindo camiño no mercado internacional.

Actualmente, a economía da cidade está en pleno desenvolvemento debido a proxectos como a Exposición Internacional de 2008 [1], a Plataforma Loxística de Zaragoza (PRAZA), o Parque Tecnolóxico de Reciclado (PTR), así como pola paraxe do tren de Alta Velocidade Española (AVE) desde decembro de 2003, que consolida a cidade como centro de comunicacións.

A relativamente baixa pluviosidade (350 mm/ano) e o uso de auga na zona agrícola que a rodea fan necesarios esforzos para reducir o consumo de auga a pesar de estar á beira do río máis caudaloso de España, tendo baixado o consumo de auga per cápita de 150 litros diarios en 1997 a só 99 L/d en 2012.[1]

Transporte e comunicacións

editar

Estradas

editar

Zaragoza está comunicada con Barcelona, Madrid, Bilbao, Huesca, Teruel e Valencia mediante autovías e autoestradas. A autovía Mudéjar (A-23), chega ata as proximidades de Francia en dirección ao túnel do Somport, aínda que unha vez atravesada a fronteira atopámonos cunha estrada de terceira categoría ata a localidade de Pau debido ás políticas francesas que durante máis de tres décadas negáronse a reformar o traxecto, impedindo unha correcta comunicación entre Zaragoza e Tolosa e Bordeos, a través de Pau.

Aeroporto

editar
 
Terminal 2 (T2) do aeroporto.

O aeroporto de Zaragoza, moi próximo á cidade, soportaba escaso tráfico de pasaxeiros até 2004. Desde entón todo mudou: tras a instalación no aeródromo da aeroliña Ryanair, o tráfico de pasaxeiros é máis do dobre que o rexistrado en 2004. No 2005, Ryanair ofertaba un voo diario a Londres e outro a Milán. Ademais, en períodos de feiras tales como verán e Semana Santa continúanse programando voos chárter, destacando os programados por Air Europa. A situación deste aeroporto preto de Cataluña, País Vasco, Navarra, A Rioxa ou mesmo o sur de Francia, fan, por un lado, que as compañías de baixo custo atraian viaxeiros para encher os seus voos, pero, por outro lado, impiden que outras aeroliñas sen subvencións se estabelezan en Zaragoza, xa que a proximidade do aeroporto de Bilbao e do de Barcelona restan área de influencia ao aeródromo zaragozano. Ademais, coa chegada do AVE, Madrid está a só 2h de Zaragoza, o que imposibilita que o aeroporto se especialice en voos nacionais.

Ferrocarril

editar
 
Estación de ferrocarril das Delicias.

Zaragoza está comunicada por ferrocarril coas cidades españolas máis importantes. O 11 de outubro de 2003 inaugurouse a liña de alta velocidade Madrid-Zaragoza-Lleida e a extensión da liña ata Barcelona inaugurouse o 20 de febreiro de 2008. O traxecto entre Zaragoza e Madrid realízase en 79 minutos, mentre que a Barcelona tarda 89.

Coa chegada da alta velocidade á cidade, inaugurouse a Estación Intermodal de Zaragoza-Delicias, un edificio de grande envergadura de 18,8 ha e cunha cuberta de 40.000 m². Desde 2007 tamén alberga a Estación Central de Autobuses e en 2010 tivo máis de tres millóns de pasaxeiros.

Desde o 11 de xuño de 2008, con motivo da exposición internacional celebrada nese verán, Zaragoza conta cunha rede de trens de Zaragoza (Cercanías Zaragoza). Actualmente só ten unha liña, entre Casetas e Miraflores, de 16,6 km de lonxitude e con 6 estacións no seu percorrido.

Lugares de interese

editar
 
O Pilar, o río Ebro e a Ponte de Pedra.
 
Basílica do Pilar.

Zaragoza é unha cidade bimilenaria pola que pasaron a práctica totalidade das civilizacións que dominaron a Península Ibérica, sendo unha importante cidade en diferentes épocas. Debido a iso, hai restos e monumentos de todos os estilos e épocas. A pesar de ter restos e edificios de gran beleza, Zaragoza é aínda unha cidade descoñecida para a maioría dos españois e mesmo zaragozanos. Espérase que coa próxima celebración da Exposición Internacional de 2008 que esta situación mude radicalmente e converta a Zaragoza nun destino preferido no turismo cultural e de interior.

Os 3 grandes lugares de interese obrigados en toda visita a Zaragoza son:

  • O Pilar, unha grande obra relixiosa decorada con pinturas de Goya e o seu cuñado Francisco Bayeu. A praza anexa, a Praza do Pilar, é unha das máis extensas de Europa, con medio quilómetro de longo e unha área aproximada de 2,5 hectáreas.
  • A Sé (Seo) ou Catedral do Salvador, recentemente restaurada e mestura de estilos, desde os seus baseamentos románicos até o barroco, pasando polo gótico e o mudéxar, está construída sobre os restos da mesquita de época musulmá e esta, á súa vez, sobre un templo romano. Non hai que deixar de ver o seu ciborio, ábsida, o retablo do altar maior e o órgano.
  • O Palacio da Aljafería: construción árabe que foi palacio do rei taifa de Saraqusta, de forma temporal do rei Fernando o Católico, que a reformou. Foi sede da Inquisición e actual sede das Cortes de Aragón. Pódese visitar destacando o patio rodeado de arcos de ferradura entrelazados con excelentes xesarías, o mirab, e a planta superior, de factura renacentista, coa grande escaleira de acceso e o salón do trono.

Festas

editar
 
Ofrenda de flores á Virxe do Pilar.

A festa maior da cidade celébrase o 12 de outubro, día da Virxe do Pilar (Piar), coñecida popularmente como "O Pilar". Estas festas son moi coñecidas e atraen un gran número de turistas, principalmente por actos como a ofrenda de flores á Virxe e a grande animación que viven as rúas.

A festa do patrón, San Valero, celébrase o 29 de xaneiro. É costume comer nese día un roscón. Tamén é popular o refrán que di: "San Valero, rosconero y ventolero", xa que é frecuente que sopre con forza o mistral (cierzo) por esas datas.

Outras festividades importantes en Zaragoza son a Cincomarzada, que conmemora a vitoria do pobo zaragozano na primeira guerra carlista, a Semana Santa, San Xurxo e San Xoán.

Eventos

editar

Desde 2002, na cidade celébrase o Salón del Cómic de Zaragoza.

  1. esa. "Zaragoza". European Space Agency (en castelán). Consultado o 2019-01-25. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
Done 1
orte 7
Todos 1