Zenón de Citio[1], nado en Citio (Chipre) en -340 e finado o - 264, foi un filósofo helenista, fundador do estoicismo.

Modelo:BiografíaZenón de Citio

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Ζήνων ὁ Κιτιεύς Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 334 a. C. Editar o valor en Wikidata
Kition (Imperio Aqueménida) Editar o valor en Wikidata
Morte263 a. C. Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Atenas (Reino de Macedonia) Editar o valor en Wikidata
Scholarch of the Stoic school (en) Traducir
301 a. C. – 262 a. C. – Cleantes de Aso → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLóxica e Ética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
MovementoEstoicismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresEstilpo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosEratóstenes, Cleantes de Aso, Teodoro o Ateo, Aristón de Quíos, Perseu de Cítio (pt) Traducir, Dionysius the Renegade (en) Traducir, Sphaerus (pt) Traducir, Antígono II Gónatas (pt) Traducir e Zenon of Sidon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX866438
Zenón de Citio.

Traxectoria

editar

Zenón naceu en Citio, na illa de Chipre. Mudouse para Atenas por volta de 312 ou 311 a.C., atraído pola filosofía (ou, segundo outros, após perder a súa fortuna nun naufraxio na costa da Ática)[Cómpre referencia]. En Atenas, Zenón foi discípulo de Crates de Tebas e estudou os antigos filósofos (entre estes, Heráclito de Éfeso, que moito o influenciou). Aos 42 anos, fundou a escola estoica, reunindo os seus alumnos baixo os pórticos (en grego, stoá) de templos, mercados e ximnasios.

Zenón propuña unha tripartición na filosofía: lóxica, física e ética. A lóxica fornece un criterio de verdade. A física constitúe un materialismo monista e panteísta. A ética regula as accións humanas, cuxo obxectivo é a conquista da felicidade e esta debe ser perseguida segundo a natureza.

A doutrina filosófica de Zenón de Citio afirma que o ser humano atinxe a plenitude e a felicidade cando abandona todas as paixóns terreas, contrariedades, aborrecementos e desasosegos. Para Zenón a única forma de vivir sen esas contrariedades é vivir en ataraxia ou apatía, ou sexa, abandonado ao destino, impasivamente, nada receando e nada esperando.

A pesar de compartir diversos conceptos básicos da filosofía de Epicuro de Samos, Zenón e o estoicismo en xeral diverxen do epicureísmo por entender que a virtude, e non o pracer, constitúe o ben supremo. Alén diso, consideran que o principio chave do universo é a lei racional da natureza, e non o movemento aleatorio dos átomos.

  1. "Zenón de Citio". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2256. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  NODES
Done 1
orte 1