Zermatt, antigamente en francés, Praborgne, é unha comuna do distrito de Visp, situada no cantón de Valais en Suíza. Ten unha poboación durante todo o ano duns 5.800 habitantes e está clasificada coma cidade pola Oficina Federal de Estatística de Suíza (FSO).

Modelo:Xeografía políticaZermatt
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°01′09″N 7°44′46″L / 46.0193, 7.7461
Estado federadoSuíza
CantónsValais
District of the canton of Valais (en) TraducirDistrito de Visp (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.643 (2017) Editar o valor en Wikidata (23,25 hab./km²)
Xeografía
Superficie242,67 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porZmuttbach (en) Traducir e Vispa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude1.624 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Membro de
SGV-ACS (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3920 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico027 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo6300 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webzermatt.ch Editar o valor en Wikidata

Atópase no extremo superior do val de Mattertal a unha altura de 1.620 metros, ao pé dos picos máis altos de Suíza. Localízase a uns 10 km do Col de Theodul, de máis de 3.292 metros de altura, que limita con Italia. Zermatt é a comuna máis ao sur da Sprachraum (área lingüística) alemá.

Zermatt é unha famosa estación de montañismo e esquí dos Alpes suízos, xunto con Sankt Moritz, Klosters-Serneus e Gstaad. Até mediados do século XIX era predominantemente unha comunidade agrícola. En 1865 produciuse a primeira e tráxica ascensión ao Cervino (Matterhorn), á que seguiu unha carreira polas montañas que arrodeaban a vila, o que deu inicio á construción de numerosas instalacións turísticas.

Localidades

editar
  • Blatten
  • Findeln
  • Gornergrat
  • Ried
  • Schwarzsee
  • Z'mutt

Transporte

editar

En Zermatt está prohibido o uso de automóbiles ou vehículos que usan combustibles, permitíndose unicamente o uso de coches eléctricos ou das ambulancias e servizos de seguridade cidadá. A vila é accesíbel en tren desde a comuna de Täsch (onde empeza a prohibición), así como desde Visp grazas á compañía de trens Matterhorn-Gotthard-Bahn, que xestiona a liña do Glacier Express xunto co Ferrocarril Rético.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
todo 2