Cheminea

estrutura pola que se eliminan fumes e gases dunha caldeira, forno, etc

Unha cheminea ou fumeira é un sistema usado para ventilar gases quentes e fume de caldeiras, quentadores, estufas, fornos, fogóns ou lareiras á atmosfera. Atópanse en vivendas, locomotoras, factorías, barcos etc. A altura do conduto xoga un papel especial para faciliar a saída dos fumes.

Cheminea de (Graz, Austria)
Cheminea industrial da central térmica das Pontes (A Coruña)

Etimoloxía

editar

O termo galego máis común é cheminea, pero tamén se recollen as variantes chaminea ou chaminé. O termo é un galicismo, do francés cheminée (á súa vez do latín: caminus = camiño)[Cómpre referencia].

Características

editar

Adoitan ser completamente verticais para asegurar que os gases quentes poidan fluír sen problemas, movéndoos por convección. Tamén existen as chemineas que non son completamente verticais, que se instalan en cociñas ou pequenas salas de caldeiras para evacuar os fumes a través de orificios efectuados nos paramentos. As cheminenas así construídas deben dispor de mallas de protección para evitar que o paxaros aniñen no seu interior, así mesmo débeselles dar unha inclinación diferente a 0º para facilitar a saída de fumes. O espazo dentro dunha cheminea denomínase "conduto de fume". As chemineas poden atoparse en edificios, locomotoras ou en navíos. Á corrente de aire que orixina o lume e que fai que o fume ascenda pola cheminea denomínase tiro.

A cheminea na construción galega

editar

O termo cheminea refírese só ao conduto polo que sae o fume, a feluxe e os gases da lareira. Na construción tradicional galega a cheminea só aparece nas casas grandes, castelos e pazos. Normalmente contaban cunha lareira de gran tamaño, que esixía unha saída ampla de fumes. Para iso construíanse cambotas de madeira e/ou pedra con chemineas que ás veces chegan a ter dous metros de ancho. Algunhas, contan cun curioso sistema de evacuación das augas da chuvia. O conduto adoita ser de pedra (granito e/ou xisto), moitas das veces rematado con enfeites. Tamén existen chemineas de madeira.

As vivendas máis humildes, aínda que con lareira, carecían de cambota e cheminea, saíndo o fume directamente pola cuberta de colmo, tella ou lousa. A partir dos anos 40, a cheminea comeza a aparecer en todas as vivendas.

Cheminea na natureza

editar

O termo cheminea tamén pode aplicarse a aspectos da natureza, particularmente en formacións rochosas.

Nun volcán unha cheminea é o conduto que comunica o reservorio de magma ou cámara magmática en profundidade coa superficie.

Desenvolvemento dunha cheminea

editar

 

  • Q = caudal volumétrico de fume na cheminea, m³/s
  • A = sección-cruzada da área da cheminea, m²
  • C = coeficiente de descarga (~ 0.65 a 0.70)
  • g = 9.81 m/s²
  • H = altura da cheminea, m
  • Ti = media da temperatura interna, K
  • Te = temperatura externa ambiente, K

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
  NODES
INTERN 1
todo 1