Lingua macedonia

(Redirección desde «Macedonio»)
Este artigo trata da lingua macedonia de orixe eslava; para a lingua macedonia falada no reino de Macedonia durante a Antigüidade véxase: lingua macedonia antiga.

O macedonio[2] (македонски јазик/makedonski jazik) é unha lingua da familia eslava, oficial en Macedonia do Norte, próxima á lingua búlgara.

Macedonio
македонски јазик
Pronuncia:makedonski jazik
Falado en: Macedonia do Norte Macedonia do Norte
Albania
Bulgaria Bulgaria
Grecia Grecia
Romanía Romanía
Serbia
Montenegro
Rexións: Balcáns.
Total de falantes: 2,3 - 3 millóns
Posición: 180
Familia: Indoeuropea
 Eslava
  Meridional
   Oriental
    Macedonio
Escrita: Alfabeto cirílico
Status oficial
Lingua oficial de: Macedonia do Norte Macedonia do Norte, recoñecida como lingua minoritaria en:
Albania
Romanía Romanía
Serbia
Regulado por: Institut za makedonski jazik „Krste Misirkov“
Códigos de lingua
ISO 639-1: mk
ISO 639-2: mac (B)
ISO 639-3: mkd
Mapa
Status

O macedonio está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Dialectos

editar

Os dialectos macedonios poden dividirse en dous grupos: occidental e oriental (a fronteira entre eles vai dende Skopje e Skopska Crna Gora ao longo dos ríos Vardar e Negro (Crna). Polo demais, unha clasificación máis detallada pode basearse nas reflexas modernas do Protoeslavo vogais reducidas (yers), vogais sonoras, e a nasal posterior ǫ. Esa clasificación distingue entre os seguintes cinco grupos:

Dialectos occidentais[3]:

Dialectos orientais[3]:

O dialecto Ser-Drama-Lagadin-Nevrokop e o dialecto Maleševo-Pirin considéranse frecuentemente dialectos do búlgaro por moitos lingüistas ou son considerados coma dialectos de transición entre o macedonio e o búlgaro.

Gramática macedonia

editar

Ten un número de características gramaticais que a fan distinta da maioría das outras linguas eslavas, coma a eliminación da declinación, o desenvolvemento dun sufixo artigo definido, e a carencia do verbo infinitivo, entre outras.

Morfoloxía nominal

editar

O sistema nominal macedonio distingue dous números (singular e plural), tres xéneros (masculino, feminino e neutro), casos e determinación. A determinación exprésase por tres artigos definidos pertencentes á posición do obxecto (nonespecificativo, proximativo e distante) os cales se afixan ao nome.

Os artigos definidos
Singular Plural
Masculino Feminino Neutro Masculino Feminino Neutro
Non especificativo -от -та -то -те -те -та
Proximativo -ов -ва -во -ве -ве -ва
Distante -он -на -но -не -не -на

Pronomes

editar
Clases de pronomes Exemplos
pronomes demostrativos ова (este), тоа (ese), овде (here), таму (there)
pronomes indefinidos некој (alguén), нешто (algo)
pronomes interrogativos кој (quen), кого/кому (a quen), што (que)
pronomes persoais јас (eu), ти (ti), тој (el), таа (ela), она (el, iso), ние (nós)
pronomes posesivos мој (meu), твој (teu), нејзин (súa), негов (seu), наш (noso)
pronomens relativos кој (cal), што (que), чиј (cuxa)
pronomes reflexivos
e pronome recipros
себе (himself, herself), се (self)
Universal pronouns сите (all), секој (everybody, each), сешто (everything), секаде (everywhere)

Numerais

editar
Symbol Cardinal (masculino) Ordinal (masculino)
0 нула нулти
1 еден прв
2 два втор
3 три трет
4 четири четврт
5 пет петти
6 шест шести
7 седум седми
8 осум осми
9 девет деветти
10 десет десетти
  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para macedonio.
  3. 3,0 3,1 Makedonski jazik za srednoto obrazovanie- S.Bojkovska, D.Pandev, L.Minova-Ǵurkova, Ž.Cvetkovski- Prosvetno delo AD- Skopje 2001

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  NODES
todo 1