Martin Luther King

pastor evanxélico e activista político estadounidense

Martin Luther King Xunior (15 de xaneiro de 1929 - 4 de abril de 1968). Tamén coñecido como Martin Luther King. Pastor da Igrexa Batista e activista político nórteamericano.

Martin Luther King (1964)

  • "A folga, no fondo, é a linguaxe dos que non se ouven."
  • "A nosa eterna mensaxe de esperanza é que a aurora chegará."
  • "A través da violencia pode matar un asasino, mais non pode matar o asasinato. A través da violencia vostede pode matar un mentiroso, mais non pode estabelecer a verdade. A través da violencia vostede pode matar unha persoa que odia, mais non pode matar o odio. A escuridade non pode extinguir a escuridade. Só a luz pode."
Cita orixinal: "Through violence you may murder a murderer but you can't murder murder. Through violence you may murder a liar but you can't establish truth. Through violence you may murder a hater, but you can't murder hate. Darkness cannot put out darkness. Only light can do that."
Fonte: Discurso "Where do we go from here?" (16 de agosto de 1967)
  • "Case sempre as minorías creativas e dedicadas tornan o mundo mellor."
  • "Mesmo as noites completamente sen estrelas, poden anunciar a aurora dunha grande realización."
  • "Non fixen o mellor, mais fixen todo para que o mellor fose feito. Non son o que debería ser, mais non son o que era antes."
  • "O bo veciño olla alén das circunstancias externas e distingue aquelas cualidades intrínsecas que fan de todos os homes seres humanos e, polo tanto, irmáns."
  • "O ser humano debe desenvolver, para todos os seus conflitos, un método que rexeite a vinganza, a agresión e a retaliación. A base para ese tipo de método é o amor."
  • "Se soubera que o mundo remata mañá, eu, hoxe aínda, plantaría unha árbore."
  • "Se un home non descubriu algo por que morrer, non está preparado para vivir."
  • "Soño co día no que a xustiza correrá como auga e a rectitude como un caudaloso río."
  NODES
Done 1
Todos 2