Proverbios rusos

artigo de listas da Wikimedia
  • Estrañar o pasado é correr tras o vento.
  • Caer está permitido. Levantarse é obrigatorio!
  • Casar novo é moi pronto, e casar vello, moi tarde.
  • O corazón é un neno: espera o que desexa.
  • O lobo non teme ao can pastor, senón o seu colar de cravos.
  • Хлеб, сол и вода: мала еска иеиеда: Pan, sal e auga: comida de gran señor.
  • Non se morre dúas veces se non se escapa da morte unha vez.
  • Nunca trates de ensinar a un porco a cantar. Perderás o teu tempo e amolarás ao porco.
  • Ora, pero non deixes de remar cara á beira.
  • Todo aquel home que se enriquece nun ano, debería ser aforcado doce meses antes.
  • A túa nai chorarache ata o fin dos seus días, a túa irmá ata pórse o anel de voda, a túa viúva ata a rosada do amencer.
  • Unha palabra amable é mellor que un gran pastel.
  • Доверай, но проверай: Confía pero Verifica.
  • Se intentas cazar máis dunha lebre á vez, non cazarás ningunha.
  • Se vas apresa, alcanzas a desgraza; se vas ó xeito, é a desgraza a que te alcanza a ti.
  • Hai quen pasa polo bosque e só ve leña pra o lume.
  • As disputas dos señores lense nas costas dos campesiños.
  • Deus dános as noces, mais non nolas abre.
  NODES
todo 2