Sócrates

filósofo grego

O filósofo grego Sócrates (470 a.C. - 399 a.C.), inventor da maiéutica, non deixou escritos; as citacións a el atribuídas están, en xeral, presentes nos traballos de Platón. Foi condenado á morte, supostamente por desviar a xuventude ateniense do culto dos deuses oficiais.


  • Unha vida non suceptíbel de exame non paga a pena ser vivida.
  • Penso que non ter necesidade é cousa divina e ter as menores necesidades posíbeis é o que máis se aproxima do divino.
  • Creo que teño unha proba suficiente de que digo a verdade: a pobreza.
  • O que debe caracterizar a xuventude é a modestia, o pudor, o amor, a moderación, a dedicación, a dilixencia, a xustiza, a educación. Son estas as virtudes que deben formar o seu carácter.
  • A mocidade de hoxe ama o luxo, teñen manías e desprezan a autoridade. Respostan aos seus pais, cruzan as pernas e tiranizan aos seus mestres.
  • En todo o caso, casádevos. Se vos caese en sorte unha boa esposa, seredes felices; se vos callar unha má, tornarédesvos filósofos, o que é excelente para os homes.
  • É preciso que os homes bons respeiten as leis malas, para que os homes malos respeiten as leis boas.
  • Só sei que nada sei.
  • Non te contentes en admirar as persoas bondosas. Imítaas.
  • Aquel a quen a palabra non educar, tampouco o pau educará.
  • Eu non podo ensinar nada a ninguén, eu só poso facelo pensar.
  • Non son nin ateniense, nin grego, senón un cidadán do mundo.
  • Deixe a quen desexaría mudar o mundo antes de se mudar a si mesmo.
  • Catro características debe ter un xuíz; ouvir cortesmente, responder sabiamente, ponderar prudentemente e decidir imparcialmente.
  • Un bon casamento exixe que o home sexa xordo e a muller cega.
  • Se o deshonesto soubese a vantaxe de ser honesto, sería honesto ao menos por deshonestidade.
  • Sabio é aquel que coñece os límites da propia ignorancia.
  • O que temos de facer é instruír e non prohibir.
  • É costume dun parvo, cando erra, queixarse dos outros. É costume dun sabio queixarse de si mesmo.
  • Home, coñécete a ti mesmo.
  • A elocuencia é a arte de aumentar as cousas pequenas e diminuír as grandes.
  • A beleza é un reino moi pequeno.
  • Prefiro sufrir inxustiza antes que cometela.
  • O maior de todos os misterios é o home.

Acerca de Sócrates

editar
  • Sócrates foi o primeiro a evocar a filosofía do ceo á terra, deulle a cidadanía nas cidades, introduciuna, tamén, nas casas e obrigouna a ocuparse da vida e dos costumes, das cousas boas e das cousas ruíns.
  • Cando preguntaban a Sócrates de onde viña, respondía que era un cidadán do mundo. El considerábase un cidadán do universo.
  NODES
dada 1
dada 1
Done 1
orte 3
Todos 1