Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Marte».
  •   Pronuncia: /ˈmaɾte̝/ (AFI)

  Substantivo

Marte

  1. (Astronomía) Cuarto planeta do Sistema Solar. Forma parte dos chamados planetas telúricos (de natureza rochosa, como a Terra) e é o primeiro dos planetas exteriores á órbita terrestre. É, posiblemente, o máis parecido á Terra.
  2. (Mitoloxía) Deus da guerra, fillo de Xúpiter en forma de flor e de Xuno. Representábaselle como a un guerreiro con armadura e cun helmo encrestado.
Símbolos
[1]

Traducións

Termos relacionados

Véxase tamén

  NODES