alfarrobeira
Galego
- Etimoloxía: de alfarroba, do árabe andalusí خربة (al-ḵarruba), do árabe خروب (ḵarrūb).
alfarrobeira (sg: alfarrobeira; pl: alfarrobeiras)
- (Botánica) Árbore da familia das cesalpináceas, unha subfamilia das fabáceas. Pode medrar uns 10 m, cunha copa ampla e semiesférica. Ten un groso toro, de áspera cortiza acastañada, e polas varudas, con follas, alternas e de forma oval, de entre 10 e 20 cm de longo, e con flores pequenas, pero moi numerosas. O seu froito é unha baga.