amoníaco
Galego
- Etimoloxía: do latín ammoniăcum, 'goma resinosa medicinal', e este do grego antigo ἀμμωνιακόν ammōniakón; propiamente 'do país de Amón', por proceder de Libia, onde se erixía o templo máis famoso deste deus exipcio.
- Pronuncia: /a.mo.'nia̯.ko̯/ (AFI)
amoníaco
- (Química) Composto químico de nitróxeno e hidróxeno, de fórmula química NH3, gas incoloro de cheiro forte e irritante, moi solúbel en auga e facilmente licuábel. Emprégase para, entre outras cousas, o tratamento de residuos e augas residuais, as industrias da celulosa e o papel, e de alimentos, como unha fonte de nitróxeno, para a elaboración de fármacos, a produción de fertilizantes e de numerosos compostos químicos, e para a refrixeración en sistemas industriais.
Sinónimos
gas de amonio, trihidruro de nitróxeno.