Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «base».
  •   Pronuncia: /ˈbase̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

base (sg: base; pl: bases)

 
Sinatura de José María Acuña, na base dunha escultura en Vilanova de Arousa
  1. Superficie ou elemento sobre o que se apoia un corpo. Calquera cousa que serve de asento a outra.
    • Exemplo: Expuxeron as máquinas sobre bases de escasa altura.

  2. Parte dun corpo que pousa sobre o chan ou calquera outra superficie.
    • Exemplo: Na base da escultura estaba a sinatura do autor.

  3. Fundamento sobre o que se basa unha teoría.
    • Sinónimos: fundamento.
    • Exemplo: As teorías da pseudociencia non teñen ninguna base.

    • Exemplo: O acordo entre partidos esixe fixar unas bases previas.

  4. (Farmacia) Medicamento principal dunha fórmula.
    • Exemplo: A base dese novo medicamento é un antihistamínico.

  5. (Arquitectura) Parte inferior da columna ou pedestal, que asenta sobre a plataforma e sostén o fuste.
    • Exemplo: As columnas do estilo dórico carecen de base e apoian directamente sobre o estilóbata.

  6. Lugar onde se aprovisionan os participantes de certas actividades.
    • Exemplo: O ataque dos xaponeses á base naval de Pearl Harbor determinou a entrada na guerra dos Estados Unidos.

  7. (Química) Complemento reactivo dun ácido, ou ben unha substancia que pode ceder electróns.
    • Exemplo: A sosa cáustica é unha base moi forte, moi agresiva.

  8. (Xeometría) Liña inferior dunha figura xeométrica, que adoita opoñerse ó vértice.
    • Exemplo: Debes calcular a base da pirámide xerada por este triángulo.

  9. (Anatomía) Aquilo que serve de sostén a algunha parte do corpo.
    • Exemplo: Sufriu unha fractura da base do cranio.

  10. (Matemáticas) Número ou expresión numérica que se multiplicará por si mesmo tantas veces como indique o expoñente.
  11. Primeira capa que se aplica sobre unha superficie, para logo aplicar o tratamento definitivo.
    • {{exemplo|Na escultura policromada dáse primeiro unha base de xeso.
  12. (Política) Conxunto dos membros dun partido político, que non ocupan cargo ningún.
    • Observacións: Úsase xeralmente en plural.
    • Exemplo: As bases do partido apoiaron maioritariamente a coalición proposta polo seu secretario xeral.

  13. Conxunto de normas polas que se rixe unha competición.
    • Observacións: Úsase xeralmente en plural.
    • Exemplo: Descalificárono porque non cumpría as bases do concurso.

  Locución

Traducións


  Substantivo masculino

base (sg: base; pl: bases)

  1. (Deportes) Xogador dun equipo de baloncesto que organiza o xogo.
    • Exemplo: Magic Johnson, de Los Angeles Lakers, foi un dos mellores bases da historia.

Traducións

  NODES
mac 1
os 20
todo 1