Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cantiga».
 
Páxinas do cancioneiro de Martín Códax
  •   Pronuncia: /kɑn.ˈti.ɣɐ/ (AFI)

  Substantivo feminino

cantiga (sg: cantiga; pl: cantigas)

  1. (Literatura) Composición en verso á que se lle pon música para ser cantada. Son de carácter profano e propias da lírica galaico-portuguesa, e desenvolvéronse na Idade Media, especialmente entre os séculos XIII e mediados do XIV. Divídense, principalmente, en tres grandes xéneros: as cantigas de amor, as cantigas de amigo e as cantigas de escarño e maldicir.
    • Exemplo: As cantigas medievais galego-portuguesas

      .

Sinónimos

canción, cantar, cántiga.

  NODES