Galego

 
Carga sobre un cabalo
 
Pluma estilográfica e dúas cargas de tinta
  •   Pronuncia: /ˈkaɾ.ɤ̯a/ (AFI)

  Substantivo feminino

carga (sg: carga; pl: cargas)

  1. Acción e efecto de cargar.
    • {{exemplo|Aparcou a furgoneta na zona de carga e descarga de vehículos. ANTÓNIMO descarga
  2. Cousa ou cantidade de cousas que se carga sobre un vehículo, un animal, etc., ou que leva unha persoa.
    • {{exemplo|O noso camión pode levar unha carga de cinco mil quilos. SINÓNIMOS cargamento, frete
  3. Pólvora ou explosivo con que se carga unha arma de fogo.
    • Exemplo: Non puiden disparar, o rifle estaba sen carga.

  4. Taxa ou tributo imposto polo Estado.
    • Exemplo: A empresa terá que pechar, non pode pagar as cargas fiscais.

  5. Obriga ou hipoteca que pesa sobre un inmoble.
    • Exemplo: Antes de comprar a casa, comprobou que estaba libre de cargas.

  6. Obriga ou responsabilidade que recae sobre alguén.
    • Exemplo: As cargas familiares corren á miña conta.

  7. Contido ou recambio dun instrumento.
    • Exemplo: A carga da pluma esgotouse, e estou sen tinteiro. Teño que revisar a carga da batería

      .
  8. Ataque ao inimigo ou, en situacións que afectan á orde pública, a feita polos corpos de policía contra aqueles que o alteran.
    • Exemplo: A cabalaría fixo unha carga contra a infantaría inimniga. A carga da Guardia Civil deixou doce feridos.

  9. (Arquitectura) Peso que sostén unha estrutura.
    • Exemplo: Os alicerces non estaban preparados para soportar a carga do edificio.

  10. (Deportes) No fútbol e noutros deportes, acción de cargar un xogador contra outro.
    • Exemplo: Non foi falta, o defensa fixo unha carga legal

      .
  11. (Física) Cantidade de enerxía eléctrica acumulada nun corpo.
    • Exemplo: Cargas positivas e negativas.

Observacións

  NODES
todo 1