Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «casar».
 
Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, no día do seu casamento en Buenos Aires
  •   Pronuncia: /ka.'sar/ (AFI)

  Verbo transitivo

casar

  1. (Dereito) Anular unha resolución, sentenza, etc.
    • Exemplo: O Tribunal Supremo casou unha sentenza da Audiencia Provincial.

  2. (Dereito) Unir en matrimonio a dúas persoas.
    • Exemplo: Non son relixiosos e casaron no Concello. Casounos o tío da noiva, que é cura.

  3. Dar a filla ou o fillo en matrimonio.
    • Exemplo: Casou á filla cun garda civil.

  4. Poñer unha cousa en relación con outras segundo uns determinados criterios.
    • Exemplo: Casar as cartas da baralla. A avoa casou as pezas dun crebacabezas nun cuarto de hora.

Termos relacionados

casamenteiro, casamento, casar de penalti

  Verbo intransitivo

casar

  1. Contraer matrimonio.
    • Exemplo: Decidiron casar na primavera.

  2. Unir unha cousa a outra ou a outras de xeito que se adapten ben.
    • Exemplo: Os mobles da casa da aldea casan moi ben no apartamento da cidade.

  3. Estar unha persoa ou algo en harmonía ou en correspondencia.
    • Exemplo: As súas declaracións non casan coa realidade dos feitos.

  NODES
todo 1