espiña
Galego
- Pronuncia: /esˈpiɲa̝/ (AFI)
espiña (sg: espiña; pl: espiñas)
- (Botánica) Puga que posúen algunhas plantas.
- Exemplo: Esa roseira ten unhas espiñas tremendas.
- Sinónimos: puga.
- Exemplo: Esa roseira ten unhas espiñas tremendas.
- Cada unha das pezas óseas, delgadas e agudas, do esqueleto dos peixes óseos (osteíctios), que saen das vértebras, así como as que soportan as aletas.
- Exemplo: O malo do congro son as espiñas que ten.
- Exemplo: O malo do congro son as espiñas que ten.
- Conxunto do esqueleto dos peixes.
- Exemplo: Ás anchoas hai que sacarlles ben a espiña.
- Exemplo: Ás anchoas hai que sacarlles ben a espiña.
- (Anatomía) Espiñazo, columna vertebral.
- Sinónimos: espiña dorsal, cerrizo, correlo.
- Gran de graxa na cara e, ás veces, noutras partes do corpo.
- Sinónimos: gran.
- (Figurado) Pesar fondo e duradeiro.
- Exemplo: A morte da filla foi unha espiña toda a súa vida.
- Sinónimos: mágoa.
- Exemplo: A morte da filla foi unha espiña toda a súa vida.
- (Arquitectura) Plataforma duns dous metros de ancho que dividía a pista dos circos romanos en dúas metades lonxitudinais.
- Exemplo: Nos circos máis importantes, a espiña estaba decorada con estatuas e obeliscos.
- Exemplo: Nos circos máis importantes, a espiña estaba decorada con estatuas e obeliscos.
Traducións
Termos relacionados
- Espiña bífida: malformación das últimas vértebras da columna, que provoca a protrusión da medula.
- Espiña dorsal
- Dar [algo ou alguén] mala espiña: intuír que algo ou alguén vai causar problemas, provocar receo. Parece bo tipo, pero a min dame mala espiña
- Sacarse a espiña: recuperarse dunha perda, normalmente económica.