espiñazo
Galego
- Pronuncia: /espiˈɲaθo̝/ (AFI)
espiñazo (sg: espiñazo; pl: espiñazos)
- Conxunto das vértebras que conforman a columna vertebral. Caeu da ponte e rompeu o espiñazo.
- Peza de carne co óso obtida da columna vertebral unha vez eliminado os lombos e as costelas. Aplícase particularmente ó porco. Vai onda o Brais e merca catro quilos de espiñazo.
- Fragmentos de toxo seco que quedan no chan cando se recolle estrume e apodrecen enriquecendo o solo.
Sinónimos
- (1) aranguelo, armón do lombo, carrelo, cerrizo, columna vertebral, espinacio, espiñela, fío do lombo, zarrizo.
- (2) entrecosto, soá, soaxe.