Galego

  •   Pronuncia: /eks.po.'ɲeŋ.te̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

expoñente (sg: expoñente; pl: expoñentes)

  1. Persoa ou cousa que se considera a máis destacada dun grupo, categoría, xénero, etc.
    • Exemplo: Picasso, para moitos, é o máximo expoñente do cubismo.

  2. Cousa que indica ou que pon de manifesto que algo é real.
    • Exemplo: A transparencia nas institucións é un claro expoñente da democracia.

  3. (Matemáticas) Número ou expresión alxebraica que denota a potencia á que ten que elevarse outro número ou otra expresión, e que se coloca na súa parte superior e á dereita.
  NODES
todo 1