grupo
Galego
- Pronuncia: /ˈɡɾupo̝/ (AFI)
grupo (sg: grupo; pl: grupos)
- Conxunto diferenciado de persoas que posúen certas características comúns e que, polo xeral, están nun mesmo lugar.
- Conxunto diferenciado de animais que posúen certas características comúns e que, polo xeral, están nun mesmo lugar.
- Conxunto diferenciado de cousas ou seres vivos inertes que posúen certas características comúns e que, polo xeral, están nun mesmo lugar.
- Conxunto de persoas organizado e unido na busca duns intereses comúns, na realización dun labor ou traballo, etc.
- Exemplo: A participación no grupo de traballo é voluntaria, pero cómpre apuntarse.
- Sinónimos: equipo.
- Exemplo: A participación no grupo de traballo é voluntaria, pero cómpre apuntarse.
- (Crime) Conxunto de persoas que cometen un delito de maneira organizada.
- (Política) Conxunto de persoas organizado e unido na busca duns intereses políticos comúns.
- Exemplo: O principal grupo da oposición criticou duramente os casos de corrupción no goberno.
- Sinónimos: partido.
- Exemplo: O principal grupo da oposición criticou duramente os casos de corrupción no goberno.
- (Música) Conxunto de instrumentistas que tocan e actúan xuntos.
- (Matemáticas) Conxunto de elementos que se relacionan entre si segundo unhas determinadas características ou leis.
- Exemplo: O grupo dos números enteiros.
- Exemplo: O grupo dos números enteiros.
- (Química) Cada unha das columnas da táboa periódica que conteñen elementos de propiedades semellantes.
- Exemplo: O grupo dos gases raros.
- Exemplo: O grupo dos gases raros.
- (Bioloxía) Tipo en que se clasifica o sangue segundo a presenza de determinados anticorpos.
- Sinónimos: grupo sanguíneo.
- (Lingüística) Conxunción de dúas ou máis vogais ou consoantes.
- Exemplo: O grupo -ct- perde o «c» se vai precedido de vogal débil.
- Exemplo: O grupo -ct- perde o «c» se vai precedido de vogal débil.
Traducións
- Alemán: (2) Herde (de).
- Castelán: grupo (es).
- Francés: groupe (fr); (4) équipe (fr).
- Inglés: (2) flock (en).
- Portugués: (2) fato (pt).
Castelán
grupo (sg: grupo; pl: grupos)
- Grupo (conxunto diferenciado de persoas).
- Fato, grupo (conxunto diferenciado de animais).
- Feixe, grupo (conxunto diferenciado de cousas ou seres vivos inertes).
- Equipo, grupo (conxunto de persoas organizado).
- (Crime) Banda, grupo.
- (Política) Grupo, partido.
- (Música) Banda, conxunto, grupo.
- (Matemáticas) Grupo.
- (Química) Grupo.
- (Bioloxía) Grupo, grupo sanguíneo.
- (Lingüística) Grupo.