Galego

  •   Pronuncia: /ˈmaɾka̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

marca (sg: marca; pl: marcas)

  1. Acción ou efecto de marcar.
  2. Efecto que deixa nunha superficie o contacto doutra.
  3. Sinal que deixa unha ferida ou algunhas enfermidades.
  4. Sinal que se fai nun obxecto ou animal para diferencialo doutros semellantes indicando, por veces, a propiedade sobre el.
    • Exemplo: Esta besta é miña, ¿non ve-la marca da coxa?.

  5. (Figurado) Sentimento que queda como consecuencia dalgún feito.
  6. Denominación ou calquera outro sinal distintivo que identifica o fabricante dun obxecto.
  7. (Dereito) Aquilo que demostra a certeza [de algo].

Termos relacionados

Traducións


Castelán

  Substantivo feminino

marca (sg: marca; pl: marcas)

  1. Marca, marcación (acción ou efecto de marcar).
  2. Marca (efecto do contacto).
  3. Cicatriz, marca (sinal dunha ferida ou enfermidade).
  4. Marca (sinal para diferenciar).
  5. (Figurado) Marca (sentimento que queda).
  6. Marca (sinal distintivo dun fabricante).
  7. (Dereito) Marca, proba, sinal, testemuño (que demostra a certeza).
  NODES
Todos 1