Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «risco».

risco1

  Substantivo masculino

risco1 (sg: risco; pl: riscos)

  1. Debuxo ou marca longa e delgada que se fai ao escribir ou debuxar.
    • Exemplo: Encheu de riscos o caderno

      .
  2. Raia para tapar ou indicar que non serve.
    • Exemplo: O manuscrito estaba cheo de riscos

      .
  3. Raia, liña ou trazo, especialmente o que se fai cun instrumento cortante ou punzante.
    • Exemplo: Indignado, estragou a escultura facéndolle riscos cunha navalla

      .
  4. Instrumento para riscar as zocas.
  5. Suco lixeiro feito polo arado na terra.
  6. Suco pouco profundo na superficie dunha cousa.
    • Exemplo: Fixo uns riscos coas uñas no cal da parede. Estas olas de barro están adornadas cuns riscos

      .

Sinónimos

Termos relacionados

risco2

  Substantivo masculino

risco2 (sg: risco; pl: riscos)

 
Vila costeira de Sumatra devastada tras o tsunami de 2004, exemplo de risco natural
  1. Situación de ameaza ou perigo.
    • Exemplo: A ascensión a aquel monte supoñía moito risco

      .
  2. O que produce ese perigo au ameaza.
    • Exemplo: Ascender aos Picos de Europa supoñen un gran risco

      .

Termos relacionados

Traducións

  NODES
os 23
todo 2