teca
Galego
- Pronuncia: [ˈtɛ.kɐ] (AFI)
teca1
teca (sg: teca; pl: tecas)
- (Botánica) Árbore da familia das verbenáceas (Tectona grandis), da que se extrae unha madeira amarela usada en carpintaría.
- Madeira desta árbore.
Traducións
teca2
teca (sg: teca; pl: tecas)
- Caixiña na que se garda unha reliquia.
- (Botánica) Cada unha das metades da antera compostas por sacos polínicos.
- (Micoloxía) Célula na que se forman as esporas dalgúns fungos.
- (Zooloxía) Coiraza ou cuberta protectora dalgúns organismos protistas.
- (Medicina) Caixa, envoltura, vaíña, principalmente a vaíña dos tendóns.
- (Medicina) Envoltura dos folículos ováricos.
- (Medicina) Estrutura en forma de cápsula que permite o crecemento dos vasos sanguíneos proporcionando apoio nutricional ao folículo ovárico durante o desenvolvemento folicular.