Galego

  •   Pronuncia: /ʃeɾ.ˈma.ni.ko̯/ (AFI)

  Adxectivo

xermánico1 (ms: xermánico; mpl: xermánicos; fs: xermánica; fpl: xermánicas)

  1. Pertencente ou relativo á antiga Xermania, rexión do centro de Europa ou aos seus habitantes, así denominados en tempos do Imperio romano.
    • Exemplo: Os pobos xermánicos loitaron contra os romanos e acabaron invadindo seu Imperio

      .
  2. Nos tempos modernos e contemporáneos, alemán, relativo ou pertencente ao Sacro Imperio Romano Xermánico ou ao actual estado de Alemaña.
    • Exemplo: Carlos I de España foi o V emperador xermánico.

  3. Que ten caracteres atribuídos aos habitantes da antiga Xermania.
    • Exemplo: Chegou á cita con puntualidade xermánica

      .
  4. (Lingüística) Dito dunha lingua, que procede dun tronco común xermánico.
    • Exemplo: O alemán, o inglés, o sueco, etc. son linguas xermánicas

      .

Observacións

  Substantivo

xermánico 1 (ms: xermánico; mpl: xermánicos; fs: xermánica; fpl: xermánicas)

  1. (Lingüística) Idioma común ou grupo de linguas da familia indoeuropea do que se supón que proceden varias linguas.
    • Exemplo: O alemán, o inglés, as linguas escandinavas e outras son linguas xermánicas.

  2. (Xeoloxía) Formación tectónica propia de macizos antigos nos que o tipo fundamental é a fracturación.
    • Exemplo: Nos macizos antigos xermánicos é habitual a formación de horsts e fosas tectónicas

      .

Galego

  •   Pronuncia: /ʃeɾ.ˈma.ni.ko̯/ (AFI)

  Adxectivo

xermánico 2 (sg: xermánico; pl: xermánicos)

  1. Pertencente ou relativo ao xermanio.
    • Exemplo: A fórmula do anhídrido xermánico é GeO

      .
  2. Que contén xermanio.
    • Exemplo: O mineral xermánico máis rendíbel para a obtención do xermanio é a xermanita, que ten un 69 % deste elemento

      .
  NODES